CedeCiencia | Cultura, ciencia e coñecemento
Un proxecto que nace en Cedeira para achegar o coñecemento, da man de persoas expertas e especialistas nos seus temas, a unha audiencia xeral. Dun xeito sinxelo e relaxado! Cada xornada se realiza nos bares, museos ou outros locales da vila co fin de crear un espazo amigable no que o saber sexa o protagonista.










De onde sae esta idea?
David
David é doutor en Enxeñaría Industrial e adícase á enxeñaría de software, creando sistemas multiaxente para intelixencia artificial distribuída.
Sara
Sara é psicóloga integrativa e musicoterapeuta. Traballa coa creatividade como base, na procura de que as persoas conecten consigo mesmas, co seu entorno e co seu benestar.


Sergio
Sergio é doutor internacional en turismo e emprendedor nesta área. É unha sorte atopalo por aquí xa que lle gusta moito viaxar e escribir sobre as súas viaxes.
Juan
Juan é doutor en Bioloxía Evolutiva, e traballa de investigador en xenómica estrutural. Básicamente, mira o teu ADN en 3D, e intenta comprender as funcións que desenvolve.
